Deseño para Carabuñas realizado por Xoana Almar, 2014.
"Carabuñas céntrase na revalorización do saúco, sambucus nigra, un recurso abundante en Galicia e cun forte arraigo na cultura galega. O saúco foi empregado popularmente polas súas propiedades medicinais (sistema respiratorio, dixestivo, pel...) aínda que como alimento o seu uso non está moi extendido en Galicia. Elaboramos conservas, licores e outros produtos en base ao seu froito. Producimos de forma artesá en Vilar de Santos, Ourense".