A pena da serpe de Vilaescura

Mural realizado por Xoana Almar e Miguel Peralta en Sober (Lugo), 2015.

Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando as/os mouras/os chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorou dun rapaz da vila. Os namorados víanse ás agochadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiu asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha historia de amor tal entre dous sangues e culturas tan diferentes. Cando a fermosa muller descubríu a morte do seu namorado, toleou. Fixo un feitizo e transformouse en negra serpe. Desde entón, rolda a gran pedra que escondía as citas segredas da parella na fraga, suponse que agardando a que apareza o seu namorado. Por iso, hoxe en día, cando pasees polas fragas de Vilaescura e vexas unha serpe negra, ten bo coidado de non magoala: está roldando a pedra da moura.
Fonte: Antonio Reigosa - Galicia Encantada.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada