Mural realizado por Miguel Peralta e Xoana Almar en Ferreira de Pantón (Lugo), 2015.
Este mural está baseado nunha lenda da zona da Ribeira Sacra que fala sobre uns seres mitolóxicos subacuáticos chamados xacias e xacios, que habitaban nos ríos Miño e Sil. Está recollida no libro "Reseña histórico-descritiva da parroquia de Vilar de Ortelle e a súa comarca" de Ramón Castro López (1929), reeditado no ano 2000. Botando un ollo á lenda recollida no libro, veredes que ao pintar nun colexio representamos un momento de calma nesta truculenta historia.