Galería de imágenes

A barquilleira

Mural realizado por Miguel Peralta en Parada de Sil (Ourense), 2015.

Neste mural represéntase unha barquilleira e mais unha cesta chea de barquillos como as que levaban os barquilleiros á feira. Neste obxecto de estaño, semellante a un cántaro de leite e con debuxos feitos con pinceis gordos, transportábanse tradicionalmente os barquillos, unhas obleas de fariña de trigo, auga, mel e canela. Na tapa levaba o xogo do barquillo: unha ruleta cuns números que asignaban un premio ás persoas participantes.

"Al rico barquillo de canela para el nene y la nena, son de coco y valen poco, son de menta y alimentan, de vainilla, ¡qué maravilla!, y de limón, ¡qué ricos, qué ricos que son!".

A xente de Parada de Sil saía despedir os barquilleiros dende os miradores nos cantís do río Sil, polo que agora se chaman Balcóns de Madrid.
Á esquerda do mural pintouse unha vista sintetizada dos canóns do Sil e, superposto, o rosetón do mosteiro románico de Santa Cristina.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada