Mural realizado por Miguel Peralta en Vallecas, Madrid, 2015.
A Barraca foi unha compañía de teatro ambulante coordinada e dirixida por Federico García Lorca e Eduardo Ugarte. Esta iniciativa enmarcouse dentro do proxecto Misións Pedagóxicas apoiado pola Segunda República e a súa a finalidade era achegar a cultura ao pobo en tempos nos que o analfabetismo era unha praga.
Tras o levantamento militar que produciu a Guerra Civil e o asasinato de Lorca, a Barraca disolveuse, mais o seu labor non foi por iso esquecido.