As lavandeiras

Mural realizado por Xoana Almar, coa colaboración de Miguel Peralta, para o festival Delas Fest en Santiago de Compostela, 2020.

Está pintado no pavillón deportivo de Santa Isabel, na contorna do río Sarela, que antigamente era un dos puntos onde as mulleres da cidade ían lavar a roupa, traballo especialmente duro co clima de Santiago. Na imaxe móstrase un momento de desfrute nese tempo de lecer tan escaso. A temática e as cores elixidas foron motivadas pola conversa con Mercedes e Mon da asociación veciñal A Xuntanza. Elas faláronme das cores vivas dos panos e as roupas das mulleres de principios de século, moi ao contrario do imaxinario e os grises das fotografías da época.

Actualmente rodea o mural o parque de Galeras, onde podemos ver moitos paxaros lavandeiras, como o que se representa na pintura.

Fotos de Elena Martín (Xarda, S. Coop. Galega).

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada