Galería de imágenes

As lavandeiras

Mural realizado por Xoana Almar, coa colaboración de Miguel Peralta, para o festival Delas Fest en Santiago de Compostela. Está pintado no pavillón de Santa Isabel, na contorna do río Sarela, onde antigamente era un dos puntos onde as mulleres da cidade iban a lavar a roupa, traballo especialmente duro co clima de Santiago. Na imaxe móstrase un momento de disfrute, dese tempo libre tan escaso para a maioría das mulleres ao longo da historia. Actualmente o rodea o parque de Galeras onde podemos ver moitos paxaros lavandeiras, como o que se representa na pintura. Fotos de Elena Martín (Xarda s. coop. galega).