Galería de imágenes

Chavelha

Mural realizado por Xoana Almar en Salgueiro, Três Povos, xullo 2017.

Representa a un pastor tallando unha "chavelha", peza de madeira que se usa para pechar a cinta onde levan o "chocalho" as ovellas. Nesta zona de Portugal destacan as fermosas decoracións que tallan nesta madeira, motivos naturais, xeométricos... A uns poucos pasos do mural atópase o Museo da Pastoricia onde pode verse unha boa colección de "chavelhas". Moitas grazas a Pedro e Elisabeth, de Formas Efémeras, por coidarnos tanto.