a miña cesta

Su pedido está vacío

Guía para o descenso enerxético

14,00 €

+

O prezo inclúe custes de envío.

Esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao Peak Oil senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo. Trátase dun proxecto promovido pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo, autoeditado e distribuído polo propio colectivo en colaboración con outras axentes galegas. Desde a nosa cooperativa apoiamos o proxecto agardando que vós tamén incorporedes esta importante publicación como un dos vosos manuais básicos. Ilustracións de Antía Barba Mariño. Imprescindible!

"En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable, e con el moito do que hoxe damos por descontado, incluíndo o aparato de soporte estatal.

Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de prolongar a agonía do actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria. Aínda que os gobernos estean fallando criminalmente no seu deber de preparar de maneira anticipada as poboacións fronte á escaseza inminente debida ao devalar da enerxía fósil, hai moitos aspectos das nosas vidas nos que nós mesmas/os podemos actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais."

Para saber máis, podes entrar en http://galiza.pospetroleo.com/