Asalto ao castelo

Mural realizado por Miguel Peralta no marco do 25 aniversario da festa do Asalto ao Castelo na vila de Vimianzo.
Esta festa conmemora o asalto das tropas irmandiñas (constituidas polo campesinado e a pequena burguesía) ao castelo de Vimianzo daquela rexido polos condes de Moscoso (s XV).
Non se trata meramente dunha festa medieval de carácter folclórico senon que busca reivindicar a identidade irmandiña como unha actitude vixente para enfrentar os abusos do poder.
Así pois o mural consta de diferentes escenas:
↖️-O castelo de vimianzo ardendo, no ceo a lúa en forma de guadaña e as constelacións do guerreiro e tauro; abaixo os fachos dos campesiños.
-↗️Unha muller campesiña inspirada na famosa serea de Castelao (o muro está situado na praza Castelao) e o seu emblema “denantes mortos que escravos”. Leva unha fouce de ouro colocada en simetría coa lúa e na mesma posición que a constelación do guerreiro. O escudo leva o símbolo desta festa que é o ariete co que se demoleu a porta do castelo.
-⬇️O lobo boca abaixo. O emblema dos Moscoso era unha cabeza cortada de lobo.
-A carta do tarot da torre coa coroa caendo do mesmo xeito que na imaxe do lobo. Ao poñer tanto esta carta como as constelacións non se buscaba dar un carácter místico ou astrológico á obra, senón reflectir o inevitable da caída de quenes a costa de moita xente estean instalados demasiado arriba.