A pena da moura

Mural realizado por Miguel Peralta no REXENERA FEST en Carballo (A Coruña).

Está inspirado na lenda local da Pena da Moura. A figura feminina do mural é a representación desta lenda, que explica a orixe do dolme de Aldemunde: conta a historia que a moura da lenda levaba unha pedra na cabeza mentres ía calcetando. Cando estaba xa moi cansa, deixouna no chan e a pedra medrou ata converterse nun dolmen.

Fotografía: Sokram.

Additional Info

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada