Mural realizado por Miguel Peralta no marco do 25 aniversario da festa do Asalto ao Castelo na vila de Vimianzo (A Coruña), 2020.
Esta festa conmemora o asalto das tropas Irmandiñas (constituídas polo campesiñado e a pequena burguesía) ao castelo de Vimianzo, daquela rexido polos condes de Moscoso (s. XV).
Non se trata meramente dunha festa medieval de carácter folclórico senón que busca reivindicar a identidade irmandiña como unha actitude vixente para enfrontar os abusos do poder.
Así pois, o mural consta de diferentes escenas:



A carta do tarot da torre coa coroa caendo do mesmo xeito que na imaxe do lobo. Ao poñer tanto esta carta como as constelacións non se buscaba dar un carácter místico ou astrolóxico á obra, senón reflectir o inevitable da caída de quen, a costa de moita xente, están instalados demasiado arriba.