Image Gallery

Casa

Mural realizado por Xoana Almar en Santiago de Compostela para o Festival Compostela Contemporánea, outubro 2021.

Esta pintura nace pensando no meu pai. Reinterpretei unha fotografía botada por el da miña nai conmigo de bebé no colo. Estamos nun espazo moi especial da casa acompañas de elementos que falan del: a anduriña, as liñas verticais de cores como unha estantería chea de libros, o balón de fútbol, o fouciño, a botella de albariño, as pombas, o peixe da ría... Elixín unha gama de cores cálidas para intentar transmitir a cercanía, o cariño e o amor desde o onde está feita. Unha pequena homenaxe a unha persoa excepcional.

Additional Info

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada