Eterno retorno

Mural realizado por Xoana Almar e Miguel Peralta nun pombal da Alameda de Pontevedra, xaneiro 2017.

Aproveitando a forma circular do pombal creamos unha historia cíclica: Na parte superior amósase a secuencia dunha eclipse dividida en fotogramas. Na parte intermedia unha muller cos ollos vendados lanza frechas tratando de darlle á mazá que está sobre a súa cabeza, as frechas voltan pola súas costas e na parte posterior outra muller cun escudo trata de protexer a ambas das frechas; unha gran serpe percorre a escena ata morder a súa propia cola, envolvéndoas con ela. Na parte inferior amósase un río circular que representa o río Lérez rodeado de vexetación.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada